Día 11 de xuño, sábado
ás 10 horas
Roteiro polo Camiño Primitivo na cidade con Ricardo Polin e Adolfo de Abel.
O día 9 de xuño, tivo lugar a segunda conferencia do ciclo, titulada "O Camiño Primitivo e a problemática da súa delimitación"; que estivo a cargo de Ricardo Gómez Polín, que correu co peso da conferencia como gran coñecedor e valedor do Camiño. e Antonio Ventura Figueroa, experto en Sistemas de Información Xeográfica, que se dedicou a comentar os cambios sobre fotografías aéreas, algunha tamén cos perfiles para darse conta das dificultades do novo trazado.
Ao longo de dúas horas, Polín fixo unha introducción sobre o valor histórico, paisaxístico, arquitectónico e relixioso, para despois ir comentando os cambios introducidos pola administración autonómica, desde o concello de A Fonsagrada ata Melide, que non tivo en conta, en moitos casos, a pegada histórica, levando por sitios polos que nunca pasou, servindo a intereses de particulares, ou fuxindo dos problemas da apropiación do camiño por particulares.
Día 9 de xuño, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Ricardo Polín e Antonio Ventura Figueroa, experto en Sistemas de Información Xeográfica.
"Camiño Primitivo e a problemática da súa delimitación"
Antes deste acto, entre 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 25 de xuño, a Santiago de Compostela e para o roteiro con Ricardo Polín polas terras de Castroverde.
Día 9 de xuño, xoves
19 a 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Anotacións para a viaxe do día 25 de xuño, a Santiago de Compostela e para o roteiro con Ricardo Polín polas terras de Castroverde.
Día 26 de maio, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo O Camiño Primitivo Onte e Hoxe
Conferencia de Francisco Singul, historiador.
"A cosmovisión medieval como marco para a espiritualidade xacobea. O Camiño de
Santiago na plena Idade Media"
O día 19 de maio, ás 20,30 horas no salón de actos da Deputación Provincial, tivo lugar a actuación do grupo musical A Quenlla que interpretou poemas musicados do poeta Manuel María. O salón completou o aforo sendo moitas as persoas que non puideron entrar. Abriu o acto Adolfo de Abel Vilela, presidente de Lugo Patrimonio, que agradeceu a presenza do grupo musical e de Alfonso Blanco Torrado, que o presentou. O concerto durou hora e media e cada unha das composicións foi comentada con anécdotas e outros detalles polos membros do grupo Mini e Mero. Con esta actuación a Asociación deu por rematado o ciclo "Manuel María: Amar a vida".
Día 19 de maio, xoves
ás 20:30 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado a Manuel María: "Amar a vida"
Concerto: "A QUENLLA, canta a Manuel María"
O 3 de maio, con motivo da viaxe a Rumanía que varios socios da Asociación farán do 27 de maio ao 5 de xuño acompañados por Lois Diéguez, o escritor e poeta deu unha charla titulada "Diario de viaxe: polas terras de Rumanía", como limiar á visita a este país para el xa coñecido, facendo proxeccións e comentarios dos lugares a visitar: Bucarest, Sinaia, Bran, Brasov, Prejmer. Rasnouv, Brasov, Medias, Biertan, Sighisoara, Bicaz, Piatra Neamt, Targu Neamt, Humor, Varonet. Marxinea, Sucevita, Moldovita, Sadova, Bogd
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.